Saltar navegación

O proceso de investigación.

Investigar é un conxunto de procesos encadeados, como ocorre tantas veces no método de proxectos, que hai que respectar. É tamén unha aprendizaxe importante que debemos adquirir. É posible que en moitas situacións acabemos realizando estes procesos dunha forma case automática e inconsciente. Como sempre, a práctica daranos a competencia necesaria para iso.

A fase de investigación nun proxecto será máis complexa e laboriosa canto máis ambicioso sexa o noso proxecto e máis necesidade de información teñamos. En calquera caso, é o mesmo proceso para investigacións moi complicadas que para as máis sinxelas. A única diferenza é a cantidade de traballo que imos investir.

Investigación

Estudo en profundidade de algo ou de alguén coa intención de lograr novos coñecementos, para solucionar conflitos ou complicacións que poidan presentarse ante nós.

Nesta presentación podemos ver onde se enmarca a investigación dentro dun proxecto.

Manuel Torres Búa. A investigación nos proxectos (CC BY-SA)