Saltar navegación

Colaborando.

 

Podemos afrontar un proxecto nós sós, de feito multitude de cousas da nosa vida pódense resolver aplicando nós soliños o método. Con todo cando o noso obxectivo é maior, é mellor cooperar. A realización de proxectos en grupos de traballo permite afrontar retos interesantes e axúdanos a obter aprendizaxes moi valiosas.

Para formar un equipo de traballo é necesario considerar as características persoais e valores de cada un/ha. A heteroxeneidade e a complementariedade dos que forman o grupo é un valor para un bo traballo cooperativo nos proxectos. Con todo non é necesario que un equipo de traballo sexa un grupo de amigos. De feito a maioría das persoas que se dedican profesionalmente a traballar con proxectos fano en equipos onde os seus compañeiros non se escolleron.

Os equipos de traballo poden formarse para proxectos concretos, mesmo para realizar tarefas concretas dentro dun proxecto. Tamén poden ser máis estables.