O método de proyectos.
Método de proxectos
O método de proxectos é a serie ordenada e lóxica de pasos ou fases necesarios para obter un resultado (produto) capaz de satisfacer unha necesidade ou resolver un problema.
Reflexiona
Trátase pois de enfrontarnos aos problemas dunha forma lóxica, e de resolvelos mediante unha serie de fases ordenadas. O Método de Proxectos vale para resolver cousas sinxelas da nosa vida cotiá (como facer unha torta), ou para aquelas tarefas que nos parecen máis complexas, (como construír e poñer no espazo un satélite).
Na nosa vida enfrontámonos todos os días a problemas ou necesidades que debemos resolver. Podemos facelo con este método ordenado, ou dando voltas ao problema sen afrontalo de forma coherente. Ás veces, se empregamos o Método de Proxectos, non somos conscientes das fases que atravesamos, ou ben as realizamos de forma case automática. Como tantos outras aprendizaxes pode converterse nun hábito que empregamos para resolver os nosos problemas e retos. Próbao.
Preguntas crave do método
O método de proxectos de basea en facernos unha serie de preguntas sobre o problema ou necesidade ao que nos enfrontamos, tal e como se mostra na seguinte presentación.
Preguntas crave no Método de Proxectos. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.
Fases do Método de Proxectos
A continuación podemos estudar as fases do método de proxectos. É probable que atopemos secuencias diferentes para o método, con máis ou menos fases e con variacións respecto do que aquí se conta. Con todo a metodoloxía é a mesma.
Fases do Método de Proxectos. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.