Xerando ideas
Imos Xerar ideas.
Consiste esta parte en pensar unha serie de solucións ou propostas ao problema exposto. Quizais un dos métodos máis útiles para xerar ideas en grupo é o da Choiva de Ideas, Tormenta de ideas ou Brainstorming. O método é simple:
Lese o problema e os condicionantes estudados con anterioridade. O/a secretario/a anota todas as propostas formuladas nun sitio visible coma un mural, tentando que non se repitan e agrupar as que sexa posible. Posteriormente se listará o resultado.
Algunhas suxestións para ter en conta para unha sesión de choiva de ideas:
-
Hai que ter coidado coas suposicións; cada suposición innecesaria reduce o número de solucións potenciais.
-
Debemos dar instrucións de que a xente pode ou debe ser creativa na sesión de choiva de ideas; isto pode axudar a aumentar o número e a calidade das solucións creadas.
-
Ningunha idea é moi desatinada. Escríbense todas as ideas. Por que? Unha idea que parece ridícula na primeira reunión podería chegar se é posible e mesmo desexable. Tamén pode ser modificada por outros membros do grupo e terminar sendo a solución perfecta para o problema.
-
Ninguén debe facer observacións sobre se son boas ou malas as ideas; non debe haber discusión achega neste momento. Débese manter a produción de todo tipo de ideas ata que xa non se teñan máis.
-
As ideas poden ser compiladas nunha ou combinadas dependendo de como a xente vexa as conexións durante o proceso.
Brainstorming. De geralt en pixabay. Licenza: Dominio público.
Algúns outros métodos para xerar ideas en grupo:
-
Percorrer a mesa de traballo e pedir a cada un que suxira ideas. Sen moitos trucos, pero funciona.
-
Facer circular unha folla de papel ao redor da mesa. As persoas poden escribir as súas ideas, as cales máis tarde poden ser discutidas sen que ninguén saiba quen suxeriu dita idea.
-
Escribir ideas. Isto é particularmente útil para as persoas a quen lles gusta escribir. Tamén axuda a moitas persoas para xerar e comentar ideas nun curto tempo. Cada persoa escribe unha posible solución ao problema no seu propio caderno. Logo, cada persoa coloca o seu caderno nunha mesa, no medio do grupo. Despois, cada un toma un caderno doutra persoa e comenta sobre a idea. Hai que facer isto ata que todos no grupo formulasen observacións sobre a idea, comentasen algo. Durante ou despois da reunión, todas as ideas discútense ou se resumen nun informe.
.
Para crear produtos como resultado da nosa investigación, que respondan ao obxectivo e condicionantes do proxecto e, polo tanto, solucionen o problema de partida ou a necesidade,precisamos xerar ideas.E para xerar ideas teremos que usar a nosa creatividade.