Saltar navegación

Documentación

Como en todas as fases de calquera proxecto, é necesario acompañar o proceso de traballo coa documentación correspondente. Nesta fase inicial, onde abordamos por primeira vez o tema e tomamos decisións fundamentais para o noso proxecto, é preciso ser moi escrupulosos coa preparación e custodia da documentación. O propio documento a cubrir: o modelo, pode servir de guía das distintas etapas polas que temos que ir pasando e do que temos que facer en cada unha delas.

Na imaxe seguinte temos un modelo de documento para a fase de proposta. Pódese descargar este modelo máis abaixo, tanto en formato .pdf como en formato .odt para cubrir directamente co procesador de textos

Modelo de documento: Fase 1.- A proposta.

Ficheiros adxuntos

Descarga o modelo de documento desta fase a continuación en formato pdf ou odt.

Recomendación

Xa falamos do que significa traballar en grupo, e dos roles e funcións que pode haber no traballo colaborativo en proxectos. Unha das funcións fundamentais é a de preparar, custodiar e compartir a documentación do proxecto. Para que esta labor sexa máis frutífera sería interesante que a documentación se compartise mediante algún sistema: na Aula Virtual, mediante carpetas na nube como Google Drive ou Dropbox, etc.

Logo Moodle.

Logo Drpbox.

Logo Drive.