Avaliando.
Chegou o momento de criticar. Si, de ser crítico. Non imos botarnos en cara os defectos e os fallos. Imos valorar obxectivamente o noso traballo e o dos demais. Para ser obxectivo terémonos que basear en aspectos importantes dos que teñamos unha idea clara. Avaliaremos o noso traballo, o do grupo, o proxecto, o produto que obtivemos e o produto dos demais grupos,.. Ah!: e avaliaremos ao/á profesor/a.
É normal que teñamos fallos, que exista algún conflito e é normal que o percorrido dun proxecto non sempre fose un camiño de rosas. Pero este é a aprendizaxe máis importante que podemos extraer: sabemos afrontar os problemas, sabemos o que temos que facer en cada paso, sabemos colaborar e sabemos mellorar. Isto é o que imos facer agora:
Valorar os éxitos e lembrar o que temos que mellorar.