Proceso de planificación.
No proceso de planificación dun proxecto ITD podemos comtemplar as seguintes etapas.
1.- División do traballo en tarefas sinxelas.
Definimos unha secuencia de tarefas moi simples para poder executar o traballo. Se o proxecto é complicado podemos facer unha dobre clasificación: un primeiro listado de tarefas, e unha subdivisión destas en subtarefas.
2.- Definición de Roles e funcións.
O Rol é o papel que xoga cada integrante do grupo no proxecto. Normalmente nesta fase cada un xa sabe o seu rol, xa que adoita estar definido dende a constitución do grupo de traballo. As funcións son as tarefas ou tipoloxía de tarefas das que se encarga cada membro do grupo (ou cada rol).
3.- Determinar duracións.
Estimar a duración dunha tarefa é difícil. Por iso teñen que ser tarefas moi simples ás que se lle poidan asignar tempos de execución de forma fiable. Tamén dependerá a duración dunha tarefa dos recursos e os membros que traballen nela. Por iso as duracións revisaranse de novo cando completemos as etapas da planificación.
4.- Asignar tarefas.
Repartimos entre todas/todas as tarefas da listaxe e decidimos qué tarefas realizará cadaquén, en función das súas funcións e das necesidades do proxecto. Decidirase cando van ser individuais ou grupais. Tamén haberá que indicar se unha tarefa é responsabilidade dunha ou de máis persoa.
5.- Establecer relacións.
Estudamos qué tarefas se fan primeiro e cales despois (precedencias). Comprobamos as tarefas que dependen doutras dalgún xeito(relacións) e vemos cales é posible simultanear ou solapar (realizalas á vez).
6.- Programación temporal.
Distribuímos, tendo en conta as relacións anteriores, as tarefas no tempo. Debemos coñecer a data de inicio dos traballos de execución. Seguramente teremos tamén un data tope. Programaremos desde o inicio tarefa a tarefa, tendo en conta as relacións, as precedencias e os posibles solapamentos. Podemos modificar o programa con máis recursos, máis persoas por tarefa, …
7.- Presupostar execución.
Facemos unha relación valorada dos recursos que previsiblemente empregaremos para estimar canto nos vai a custar este proxecto. Se necesitamos que se financie, realizaremos unha proposta para tal fin.
Na seguinte presentación amósanse estas etapas para a planificación: