Ferramentas para a planificación.
Existen unha serie de técnicas de traballo moi útiles para a programación de proxectos. Unha delas é o diagrama de Gantt, do que xa falamos. Outra técnica que tamén imos ver é a dos Diagramas de Fluxo ou de Procesos. Son métodos de traballo para proxectos que serven, tanto para planificalos, como para mostrarllos aos demais, como apoio para a toma de decisións e para o seu seguimento e control.
Os nosos proxectos deberían conter nesta fase unha planificación temporal mediante gráfico de barras ou de Gantt e un ou varios diagramas de fluxo. Temos aplicacións sinxelas que nos van a facilitar a creación deste tipo de gráficos.

ROSS Context Diagram. De ROSS Contract Statement of Work en Wikimedia Commons. Licenza Dominio público.