Saltar navegación

Documentos para a planificación.

Vai depender moito do tipo de proxecto, pero fundamentalmente son tres documentos os básicos que empregamos na planificación:

Folla de procesos

É unha táboa na que se descompón e simplifica o traballo nunha serie de accións (tarefas) simples e ordenadas, especificándoas, recursos implicados na súa realización, a duración estimada e os roles que realizan cada tarefa.

Pódese realizar a man, nun procesador de textos ou nunha folla de cálculo. Aforraremos tempo.

Imaxe dun modelo de folla de procesos,

Modelo de Folla de Proceso. Manuel Torres Búa. Licenza: Creative Commons BY-SA.

Podes descargar o modelo de documento Planificación: Folla de proceso en arquivo pdf ou en arquivo odt editable nas seguintes ligazóns:

Acceso ao modelo de documento Folla de Procesos en arquivo tipo pdf.

Acceso ao modelo de documento Folla de Procesos en arquivo tipo odt.

Presuposto

É unha táboa que recolle unha relación valorada de todos os custos do proxecto: os materiais que se compraron, a cantidade e prezo de cada un e custo total.

Adóitase realizar nunha folla de cálculo ou mediante un programa especifico.

Imaxe cun modelo de presuposto
Manuel Torres Búa. Modelo de Presuposto (CC BY-SA)

Acceso ao arquivo co modelo de documento Planificación: Presuposto en formato pdf e en formato editable de folla de cálculo .ods:

Acceso ao modelo de documento Planificación: presuposto en formato pdf.

Acceso ao modelo de documento Planificación: presuposto en formato folla de cálculo ods.

Planning

O planning, diagrama temporal ou cronograma, é unha representación gráfica da organización temporal do proxecto. Indícanse as tarefas (de forma máis sinxela que na folla de procesos), especifícase a duración e as relacións que teñen con outras tarefas.

O diagrama máis empregado como planning é o denominado Diagrama de Gantt ou Diagrama de Barras. Nel cada tarefa ou actividade ten asignado un tempo que se corresponde cunha barra de lonxitude escalada de acordo coa súa duración. As barras das tarefas ou actividades póñense todas nunha escala temporal, de proxecto (empezando con día 1, semana 1, …) ou xa con datas de calendario si temos fixada a data de inicio. As distintas tarefas vincúlanse unhas a outras con relacións lóxicas como “empezar a tarefa B cando acabe a A”; “empezar a tarefa B á vez que a A“, “rematar ao mesmo tempo as tarefas A e B?, etcétera.

Con este diagrama conseguimos controlar a primeira ollada a organización total do proxecto e a situación en determinada data.

Imaxe cun modelo de planning
Manuel Torres Búa. Modelo de Planning (CC BY-SA)

Acceso ao arquivo co modelo de documento Planificación: Programación temporal en formato pdf e en formato editable odt:


Acceso ao modelo de documento Planificación: Programación temporal en formato pdf.

Acceso ao modelo de documento Planificación: Programación temporal en formato odt.