Saltar navegación

Definimos os criterios de busca.

Unha vez seleccionadas as fontes (ou máis ben preseleccionadas), imos preparar unha serie de palabras clave, sentenzas, sinónimos e termos de busca que nos axuden a optimizar este traballo. Isto é importante especialmente nas procuras na rede. Organizaremos tamén as tarefas e repartirémolas entre os membros do grupo.

Rexistraremos os criterios de busca seleccionados nun documento coma

2.3.- Definimos os criterios de busca

Na imaxe pódese ver o modelo de documento e, nas ligazóns de máis abaixo, pódense descargar os arquivos pdf e o arquivo editable odt do mesmo.

Imaxe do modelo de documento "2.3.- Definimos os criterios de busca"
Manuel Torres Búa. Modelo de documento 2.3.- Definimos os criterios de busca (CC BY-SA)

Ligazóns de descarga do documento:

Descarga do documento 2.3.- Definimos os criterios de busca en formato pdf.

Descarga do documento 2.3.- Definimos os criterios de busca en formato odt.

Recomendación

  • Escolleremos en grupo as palabras clave e as ideas principais da procura.

  • Buscamos sinónimos ou termos equivalentes ás palabras crave. Utilizamos para iso dicionarios temáticos ou especializados.

  • Determinamos o enfoque da procura, por exemplo restrinxíndoa a un nivel, mediante a súa conexión a un campo de coñecementos, colocándoa no espazo-tempo.

  • Elaboramos o noso plan de ataque: por onde empezamos e como imos derivando a procura. Repartimos os traballos. Debemos empezar por unha lectura exploratoria coas palabras clave en con fontes xerais, intentando enlazar o que atopamos cos nosos coñecementos anteriores. A partir desa primeira exploración repartimos o traballo, realizando postas en común a miúdo para relanzar a procura.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0