Saltar navegación

O control de calidade.

Ilustración la palabra "Quality".

 

Cando se remata o traballo de execución do produto, sexa do tipo que sexa; hai que probar todo para comprobar se cumpre o obxectivo inicial. Será necesario  revisar o estudado na proposta e comprobar se cumprimos unha a unha cada especificación. Para a avaliación do produto empregamos o control de calidade.

Control de calidade

O control de calidade consiste en someter ao produto a distintas probas mediante as que nos aseguramos que funciona correctamente e que responde adecuadamente á definición do problema.

Una mano con el símbolo de "Perfecto".

Ao realizar unha proba pode ocorrer que o produto non sexa axeitado porque non funcione correctamente. Por exemplo unha Web ou unha Wiki con problemas de acceso, ligazóns,… Ou un produto multimedia con resultado de pouca calidade. Neste caso debemos revisar todo o proceso de execución e modificalo. Se vemos que é máis grave hai que revisar a planificación.

Pode suceder tamén que o produto funcione, pero non cumpre co obxectivo do proxecto. Neste caso deberemos reconsiderar as especificacións iniciais e redeseñar o proxecto modificándoo total ou parcialmente.

 

Perfecto. De StockSnap en pixabay. Licenza: Dominio público.

Recomendación

O control de calidade debe quedar reflectido no Diario de Traballo e no Informe Final de Avaliación.

As características concretas do control de calidade dependen do tipo de produto que elaborásemos, polo que teremos que indagar cales son en cada caso.

Para saber máis

No seguinte vídeo explícannos algunhas das ferramentas máis habituais no mundo dos proxectos para xestionar a calidade.

Presentacion final 7 Herramientas de calidad. De David Camargo en Youtube.