Saltar navegación

Transformamos.

Imos traballar a información que xa temos seleccionada para que se poida empregar facilmente na creación do noso produto.

Empregaremos todas as ferramentas que nos permitan facilitar o tránsito da información ao coñecemento, non só para nos, senón para os usuarios ou receptores finais.

Polo tanto trataremos os datos con follas de cálculo e/ou bases de datos. Traballaremos o material multimedia mediante aplicacións de tratamento de imaxe, son, vídeo, animacións,… Prepararemos, se é o caso, maquetas do produto mediante aplicacións específicas, etcétera.

Un consello

É preciso, evidentemente, ter certa capacitación TIC. Se non a temos é o momento de ensaiar esta competencia fundamental. O importante non é “saber manexar” ou “coñecer” moitas aplicacións. Non se trata dunha competición para tentar empregar o maior número de recursos TIC no noso proxecto. Trátase de ser competentes no emprego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na media en que son útiles para o nosos proxecto e o seu obxectivo.

É moi probable que a transformación da información se vaia fundindo coa elaboración do produto final. O que é importante é non obviar a fase de análise da documentación: sería un gran erro que crearamos un produto sen ter interiorizado a información coa que traballamos.

A seguinte presentación amósanos o proceso dende que rescatamos a información ata que estamos listos para crear o produto final.

Manuel Torres Búa. Análise da información (CC BY-SA)