Saltar navegación

Analizando.

 

Temos case toda a información necesaria para completar o noso proxecto de Investigación. Estamos na fase de análise. Toca recuperar a información seleccionada e arquivada para estudala con detalle: comparala, valorala, filtrala e tamén tratala. Tratar a información supón traballar sobre ela para conseguir un subproduto diferente á información orixinal, por exemplo mediante bases de datos, follas de texto, aplicación multimedia, mapas mentais,…