Vocabulario básico para un planificador
Estamos introducindo algúns vocábulos para os que temos que ter unha definición correcta. Ocorre que, ademais de palabras novas que non coñeciamos antes, moitas outras palabras adquiren un sentido diferente ou específico no mundo dos proxectos e, especialmente, na planificación dos mesmos. Temos a continuación un glosario de termos para a xestión de proxectos que a EOI (Escola de Organización Industrial) pon á nosa disposición. Podes ollalo pero, sobre todo, acudir e el cando teñas algunha dúbida.