Secuencia IDO.
Poucas veces nos detemos a analizar con detalle en que consiste o problema que temos que resolver, lanzándonos de inmediato a intentar solucionalo a cegas. Nesta fase de definición da proposta de traballo imos explicar o obxectivo do noso proxecto. Para iso temos tres pasos:
Identificar - Definir - Obxectivar
Identificar
Identificar un problema consiste en darse conta de que existe e que podemos buscarlle unha solución.
Podemos detectar nós o problema, ou pode ser o resultado dunha proposta inicial que alguén nos fai. En calquera caso non basta con detectalo, senón que debemos enuncialo correctamente.
É posible que esteamos de acordo coa existencia do problema, pero con todo ter diferente punto de vista sobre como resolvelo. Debemos, ademais de telo identificado, definilo correctamente.
Definir
Definir un problema consiste en especificar as condicións iniciais que deben ter a investigación que imos desenvolver.
A definición do problema ou a necesidade é un proceso que debemos facer con coidado xa que del dependerá en boa parte o éxito do noso proxecto. Hai proxectos complexos que desenvolven investigacións moi laboriosas pero que, con todo, non resolven o problema que orixinou o proceso e, polo tanto, son un fracaso.
Ocórreseche algún exemplo exemplo?
Obxectivar
Obxectivar un problema ou proposta é definir o obxectivo que guíe o proceso: un fin último ou propósito que queremos acadar mediante o proxecto.
Do resultado da nosa análise temos que extraer o seguinte:
- Un obxectivo xeral do proxecto: a idea directriz do mesmo.
- Unha serie de condicionantes que delimiten o noso traballo.
Recomendación
Debemos simplemente traballar con calma e reflexionar en grupo sobre as condicións que ten o noso problema ou necesidade orixe:
- Realizar unha choiva de ideas cunha batería de preguntas sobre o problema ou proposta inicial identificado (preguntas secundarias):
Que?, Quen?, Como?, Cando?, Canto?, Onde?, Por que? e Consecuencias?.
- Entre todo o grupo realizamos descartes: imos analizando as respostas, eliminando e sintetizando ata chegar a un acordo.
- Formulamos a nosa tese: definimos cal vai ser nosa idea principal para o traballo.
- Estudamos as condicionantes que debemos ter en conta á hora de traballar na nosa investigación.