Saltar navegación

Divide e vencerás.

Como temos a sorte de traballar de forma colaborativa, podemos afrontar un problema dividíndoo en subproblemas máis accesible, de forma que un traballo conxunto e coordinado nos facilite realizar o proxecto que o resolva. Trátase de fraccionalo.

 

Fraccionar un problema consiste en descompoñelo noutros máis sinxelos que permiten abordalo máis facilmente.

Para fraccionar un problema é necesario que teñamos claro cal é a súa estrutura, estudar as características das partes ou subproblemas e establecer as relacións entre estes subproblemas que permiten solucionar a necesidade inicial.

Podemos dividir, por exemplo, un problema en varios máis pequenos para traballar de forma colaborativa en grupos. Cada grupo ten claramente identificado o seu subproblema, e definidas as súas condicións iniciais. Á súa vez, todos os subproblemas están relacionados entre si, de forma que o proxecto de investigación conxunto é a unión relacionada dos proxectos parciais.

Recomendación


Non debes confundir fraccionar un problema coas diferentes etapas do proxecto. É posible que en proxectos de certa envergadura, os equipos de traballo sexan diferentes para a definición da investigación, o deseño e a programación, que para, por exemplo, a procura e tratamento da información; ou mesmo para a creación de produtos finais. Isto é bastante habitual en grandes proxectos. Pero iso non é fraccionar o problema.


Outra cousa é que o proxecto estea composto por diferentes proxectos máis pequenos relacionados entre si. Por exemplo para unha investigación dun tema complexo ou transversal, se poden realizar divisións en outras investigacións, de forma que o conxunto estea coordinado e forme un único proxecto común cun mesmo obxectivo xeral.