1.2. Tipoloxía textual segundo a súa estrutura
a) Textos continuos, son os que se veñen empregando tradicionalmente no ensino e son os que o alumnado mais coñece como textos asociados ao estudio. Os textos continuos están compostos por oracións incluídas en parágrafos sucesivos que, a súa vez, están incluídos en estruturas máis amplas (seccións, capítulos…) É dicir, son textos que presentan a información de forma secuenciada e progresiva.
b) Textos descontinuos, son textos que non seguen unha estrutura secuenciada e progresiva; trátase de cadros, gráficos, diagramas, táboas, mapas, fotografías, carteis,… A lectura destes textos require do uso de estratexias de lectura non lineal que propician a busca de interpretación da información de modo máis global e interrelacionada. Son documentos moi sintéticos, con moito información en pouco espazo.
c) Textos mixtos, son aqueles que combinan os formatos continuo e descontinuo. Este tipo de formato adoita aparecer en publicacións periodísticas, de consulta e divulgación e inclúe textos continuos con gráficas, mapas, ilustracións…
d) Textos múltiples, son a unión de dous ou mais textos no mesmo ou en diferente formato nun mesmo espazo físico; son creados de forma independente e poden ser entendidos por separado.