1.1.3. A lectura e as diferentes formas de aproximarse a un texto

Imos partir dun modelo interactivo da lectura, entendendo que ler é a interacción entre o texto e o lector.  Ler non é só comprender o que di a literalidade do texto, descodificar os signos, nin é solo establecer relacións entre as ideas do texto, ler é unha interacción entre os coñecementos previos do lector e  a información que provén do texto, así como a reelaboración que vai facendo o lector a medida que le.

Como recolle SANZ (2003, p. 13), os modelos interactivos de lectura caracterízanse polas seguintes características:

  • O lector é recoñecido como un suxeito activo no proceso lector.
  • O lector, no acto da comprensión textual, conta tanto con información visual como non visual
  • As hipóteses que o lector vai verificando conforme avanza na lectura desempeñan un papel moi importante na comprensión.  O mesmo podería dicirse dos procesos inferenciais que o lector realiza a partir da información textual.
  • Existen diversos niveis de achegamento á estrutura semántica textual, segundo as expectativas, motivacións e obxectivos que se marca o lector.
  • Canto máis se automaticen os procesos básicos, perceptivos e descodificación, máis recursos cognitivos e de atención libera o suxeito para a comprensión semántica do texto.
  • A comprensión non é un proceso estritamente lineal e secuencial, senón que os  niveis superiores condicionan tamén os máis básicos.
  • A lectura é un proceso de busca progresiva do significado dun texto. Danse distintos graos de comprensión e é difícil falar tanto dunha comprensión nula como dunha comprensión total.

 

Realizamos distintos tipos de lectura segundo o obxectivo que teñamos:

A LECTURA

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0