1.3.1. Buscadores e estratexias de busca
BUSCADORES E ESTRATEXIAS DE BUSCA
Os buscadores son as ferramentas das que dispón internet para poder recuperar a información dispoñible na rede, gardar información sobre o contido das páxinas e agrupala por temas ou por palabras clave. Non gardan o contido das páxinas, pero si que as organizan e presentan enlaces para chegar a elas.
Podemos englobar todos os buscadores en dous tipos:
a) Motores de busca ou buscadores por palabras. Son útilies para buscar información moi concreta. Son bases de datos formadas a partir da utilización de programas robot que rastrexan a rede automaticamente e capturan información de todo o que nela atopan. O buscador mais coñecido e Google.
b) Índices temáticos ou directorios. Son útiles para buscar información xeral sobre un tema. Son bases de datos que non están construídas a partir da acción automática dun motor de busca, senón grazas á introducción humana de información dende as webs indexadas. A información preséntase organizada por temas clasificados xerarquicamente en forma de árbore, dos elementos xerais aos particulares. O exemplo mais coñecido é Yahoo.
Para iniciar unha búsqueda en internet hai que utilizar estratexias. Antes de empezar a buscar hai varias preguntas clave que debemos facernos:
- Que busco?
- Por que o busco? Para que o necesito?
- Como o busco?
- Onde o busco?
Tamén debemos distinguir entre o tipo de formato de documento que buscas na rede, xa que hai buscadores específicos segundo o que busques:
→ Imaxes; atoparás en Google imaxes, Flickr,…
→Mapas; Google maps, Google Earth, stelarium,…
→Gráficos; se o que buscas son gráficos, podes consultar o Instituto Galego de Estatística ou o Instituto Nacional de estatística.
→ Vídeos; as canles de vídeo mais empregadas son Youtube, Vimeo e Dailymotion.
→Audios; hai canles da audio onde podes escoitar arquivos que sirvan para a investigación ou que os podes incorporar ao traballo final.
→Textos; para calquera busca poderás atopar textos de enciclopedias, dicionarios, revistas,…
Sempre que incorpores calquera destes arquivos no formato que sexa, non esquezas citar as fontes. As principais fontes para buscar en internet son:
→ Web: é a fonte por excelencia na que se atopa a información en Internet; dende un buscador como Google, ata Tuenti, Hotmail,…
→Blog: é un sitito web que se actualiza periódicamente que recolle textos ou artigos dun ou varios autores, ordeados cronoloxicamente. Podes deixar a túa opinión sobre as entradas ou post do blog.
→Foro: é un espazo web onde varias persoas conversan on line arredor dun tema.
→ Visitas virtuais; son sitios web que permiten visitar on line museos, cidades,…
→Aula virtual; é un sitio web onde está recollido todo o necesario para desenvolver un proceso de ensino-aprendizaxe dun tema, unha materia, un curso,… Atoparás os documentos necesarios para situar os contidos, exercicios, vídeos, imaxes, probas de avaliación, foros cos outros alumnos do curso e co profesor para resolver dúbidas,…
Antes de iniciar a busca, debemos facer unha listaxe de palabras para responder á pregunta de que busco?, estas palabras que che parecen as mais importantes do que queres buscar, son o que se chaman palabras clave, e son as que utilizaremos para buscar nos motores de búsqueda, tanto imaxes, textos, vídeos,...
Pero para facer aínda mais eficaz e rápida a túa busca, debemos ter en conta estes trucos e consellos.
Trucos e Consellos para a busca na Rede by Elena López Vara e Begoña Otero Riobó is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional License