1.2.1. Tipos de licenzas de autor

As licenzas de autor son os permisos que os propios autores establecen sobre as súas obras dende o punto de vista económico. O coñecemento das licenzas de autor é interesante dende dous puntos de vista:

 1.- O uso que podemos facer da obra doutro autor, debemos coñecer si o autor permite que outros usen, modifiquen,…, e en que condicións a súa obra.

2.- Os dereitos que temos sobre as nosas creacións e a conveniencia de establecer determinados permisos ou non sobre elas, para poder compartilas.

 Se o autor non expresa o contrario, os dereitos de explotación económica están reservado ao autor, é a licenza mais restrictiva, “Todos os dereitos reservados”, o Copyright. É dicir, non poderíamos reproducir, distribuir, comunicar,… a obra afectada por esta licenza.

Pero tamén podo indicar na licenza que se lle poden dar determinados usos á nosa obra.  Así naceron as licenzas Creative Commons, como un instrumento complementario ao Copyright, para facilitar a posibilidade do autor de compartir as súas obras baixo unha serie de condicións, é como si o autor se reservara só algúns dos dereitos de explotación económica dos que lle faculta a lexislación.

Hai catro condicións para a autorización do uso das obras que se poñen en xogo nas licenzas Creative Commons:

Da combinación destes elementos, xorden  os 6 tipos de licenza Creative Commons: 

TIPOS DE LICENZAS
Fonte: NIMO, P. Falando de licenzas abertas. Espazo Abalar. Xunta de Galicia

 

Á hora de utilizar materiais alleos, debes buscar materiais libres de dereitos ou de dominio público ou con licenzas que permiten reutilizalos, tipo Creative Commnons. Aínda que un material sexa de Dominio Público, debes igualmente citar ao seu autor.

 Á hora de crear contidos debes utilizar licenzas que che permitan compartilos sen perder os teus dereitos como autor, polo menos o de recoñecemento da autoría, é dicir, que sempre que o utilicen aparezas na bibliografía do material novo creado.

 

Uso de material multimedia

 

O que falamos para textos en documentos escritos ou en liña, debemos aplicalo tamén ao uso de imaxes, vídeos, presentacións...

As imaxes están tamén suxeitas a dereitos de autor, polo que cando queiras utilizar imaxes para os teus traballos, debemos comprobar que licenza teñen.  Se non se indica o contrario, terán copyright, e non poderás utilizalas.  Se teñen licenza creative commons, xa sabes que poderás usala baixo as condicións que se sinalan na licenza, que en todo caso é sempre citando ao autor.  Tamén hai bancos de imaxes libres de dereitos que podes usar libremente.

Para os vídeos utilizamos moito youtube; a licenza estándar de youtube dá dereito a utilizar o vídeo e a embebelo nas páxinas pero sempre utilizando os servizos de youtube, se o propietario non bloqueou a opción de compartir. Si incrustamos  <embebed> un vídeo nas nosas presentacións non incurrimos en responsabilidades legais.  Recentemente, tamén podemos atopar algúns vídeos en youtube con licenza creative commons. Cando nós subimos un vídeo a youtube debemos comprobar que tipo de licenza estamos otorgando, copyright ou creative commnons.

No caso das presentacións, igualmente teñen dereitos de autor. Coma sempre, se non se indica o contrario teñen copyright e non poderás usalas sen permiso do autor/a. Cando nós subimos as nosas presentacións a unha web para poder compartilas, debemos tamén comprobar que tipo de licenza lle estamos dando.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0