Exposición Oral do Informe
Actividade
Unha vez elaborado o informe do Proxecto de Investigación chega o momento de facer unha exposición oral do mesmo aos restantes equipos cooperativos, así como ao profesor/a.
Para realizar esta actividade deberedes seguir as seguintes instrucións:
1. Seguindo unha estrutura Lapis ao Centro elixiredes o deseño de presentación multimedia que vades utilizar como apoio a vosa exposición (nos documentes de apoio, tedes un resumo delas)
2. A estrutura da exposición será a seguinte:
♦TÍTULO: Debe ser o mesmo título que usastes para o informe escrito.
♦ INTRODUCIÓN: Presentación do tema, breve, dando unha visión global do que ides expoñer no núcleo.
♦ NÚCLEO: É o corpo do traballo escrito, abordando todas as ideas principais que recollestes no informe. Podedes partir do diagrama final que elaborastes, para guiarvos no exposición oral.
♦ CONCLUSIÓN: resumo final das ideas e valoración persoal do grupo.
Para eleborar esta estrutura traballaredes por parellas
3. Unha vez que xa teñades a estrutura da exposición, deberedes deseñar a presentación multimedia. Farédela por parellas (as mesmas que xa se decidiron para o apartado anterior). Tede en conta que hai que facer unha ÚNICA presentación, aínda que traballedes nela por parellas.
4. Á hora de facer a exposición cada parella presentará ao público a súa parte.