1.2. Tipoloxía textual segundo a súa estrutura

a)  Textos continuos, son os que se veñen empregando tradicionalmente no ensino e son os que o alumnado mais coñece como textos asociados ao estudio. Os textos continuos están compostos por oracións incluídas en parágrafos sucesivos que, a súa vez, están incluídos en estruturas máis amplas  (seccións, capítulos…)  É dicir, son textos que presentan a información de forma secuenciada e progresiva.

b)  Textos descontinuos, son textos que non seguen unha estrutura secuenciada e progresiva; trátase de cadros, gráficos, diagramas, táboas, mapas, fotografías, carteis,… A lectura destes textos require do uso de estratexias de lectura non lineal que propician a busca de interpretación da información de modo máis global e interrelacionada.  Son documentos moi sintéticos, con moito información en pouco espazo.

c)  Textos mixtos, son aqueles que combinan os formatos continuo e descontinuo. Este tipo de formato adoita aparecer en publicacións periodísticas, de consulta e divulgación e inclúe textos continuos con gráficas, mapas, ilustracións…

d)  Textos múltiples, son a unión de dous ou mais textos no mesmo ou en diferente formato nun mesmo espazo físico; son creados de forma independente e poden  ser entendidos por separado.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0