1.2. Fontes de información na BE
Na BE podemos atopar información, pero, a simple vista xa podemos comprobar que hai diferentes formatos e que podemos buscar información en diferentes sitios. A información provén de diferentes fontes e se garda e presenta en diferentes formatos.
Fonte de información: calquer recurso que contén información. A información colócase nun soporte para garantir a súa transmisión. As fontes de información documentais son as que nos proporcionan información a partir dun documento
O documento é o obxecto que soporta a información e que serve para transmitila ao longo do tempo.
As fontes de información poden ser:
- Orais: a información que nos proporcionan oralmente as persoas
- Documentos físicos:
- Libros informativos
- Revistas
- Periódicos
- CD / DVD
- Documentos virtuais: documentos na rede
Na BE atopamos obras de ficción (novelas, contos, teatro, poesía) e documentos informativos (que nos achegan ao coñecemento de calquera tema). Nós imos centrarnos nos documentos informativos.