1.3. A lectura para unha comprensión crítica. Estratexias e técnicas

Seguindo a Solé (2010, leer.es) podemos sinalar que a comprensión lectora está en función dos seguintes aspectos:

  • Coñecementos previos, si coñezo o vocabulario básico do tema e teño ideas xerais sobre el, é fácil que comprenda mellor e que me esforce mais para comprender.
  • Finalidade da lectura, en función de para que estou a ler o texto, a comprensión varía. Non é mesmo ler un texto do que me van a examinar que ler un texto nunha revista divulgativa; o grao de esforzo na comprensión, as estratexias que vou a aplicar serán diferentes.
  • As operacións mentais que vou realizando a medida que leo o texto
  • O sentido da lectura, si eu sei para que o leo o texto, este me resulta interesante, me involucrarei máis na súa comprensión.  Ademais, si teño expectativas razoables de éxito me implicarei máis.

Estes aspectos varían dun texto a outro, polo tanto, a comprensión lectora non é unha característica estática do suxeito, depende da combinación de todos eles, e, por suposto, do propio texto.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0