Exposición Oral do Informe

Actividade

Unha vez elaborado o informe do Proxecto de Investigación chega o momento de facer unha exposición oral do mesmo aos restantes equipos cooperativos, así como ao profesor/a.

Para realizar esta actividade deberedes seguir as seguintes instrucións:

1. Seguindo unha estrutura Lapis ao Centro elixiredes o deseño de presentación multimedia que vades utilizar como apoio a vosa exposición (nos documentes de apoio, tedes un resumo delas) 

2. A estrutura da exposición será a seguinte:

                              ♦TÍTULO: Debe ser o mesmo título que usastes para o informe  escrito.

                              ♦ INTRODUCIÓN: Presentación do tema, breve, dando unha visión global do que ides expoñer no núcleo.

                              ♦ NÚCLEO: É o corpo do traballo escrito, abordando todas as ideas principais que recollestes no informe.  Podedes partir do diagrama final que elaborastes, para guiarvos no exposición oral.

                              ♦ CONCLUSIÓN: resumo final das ideas e valoración persoal do grupo.

Para eleborar esta estrutura traballaredes por parellas

3. Unha vez que xa teñades a estrutura da exposición, deberedes deseñar a presentación multimedia. Farédela por parellas (as mesmas que xa se decidiron para o apartado anterior). Tede en conta que hai que facer unha ÚNICA presentación, aínda que traballedes nela por parellas.

4. Á hora de facer a exposición cada parella presentará ao público a súa parte.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0