1.2. Fontes de información na BE

 

Na BE podemos atopar información, pero, a simple vista xa podemos comprobar que hai diferentes formatos e que podemos buscar información en diferentes sitios.  A información provén de diferentes fontes e se garda e presenta en diferentes formatos.

Fonte de información: calquer recurso que contén información.  A información colócase nun soporte para garantir a súa transmisión.  As fontes de información documentais son as que nos proporcionan información a partir dun documento

O documento é o obxecto que soporta a información e que serve para transmitila ao longo do tempo.

As fontes de información poden ser:

  • Orais: a información que nos proporcionan oralmente as persoas
  • Documentos físicos:
    • Libros informativos
    • Revistas
    • Periódicos
    • CD / DVD
  • Documentos virtuais: documentos na rede

FONTES INFORMACIÓN

 

Na BE atopamos obras de ficción  (novelas, contos, teatro, poesía) e documentos informativos (que nos achegan ao coñecemento de calquera tema).  Nós imos centrarnos nos documentos informativos.

FONDOS BE

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0