O informe definitivo

Actividade

Un informe debe ter a seguinte estrutura:

ESTRUTURA INFORME

Para realizar esta actividade deberedes seguir as seguintes instrucións:

1. Coa Técnica 1-2-4, escollede un título e un subtítulo (si o considerades necesario) que mellor exprese as ideas que plasmades no informe.  Como xa tiñades un provisional, podédelo manter ou cambiar.

2. Redactade unha introdución e unha conclusión final. Utilizade a técnica de Folio Xiratorio en ambos casos.

3. Deseñade unha portada.  Facelo por parellas, e logo proceder igual que no último paso da Técnica 1-2-4

4. Completade a bibliografía. Seguide a estrutura Lapis ao Centro.

5. Non esquezades o índice.

6. Volvede a ler todo o informe. Primeiro lelo cada un de vós, logo utilizade a Técnica 1-2-4 para propoñer axustes.  Só se farán os axustes que foron consensuados por todos os membros do grupo.  Entón teredes o informe definitivo

7. Para facerllo chegar ao profesor/a, deberedes subir o arquivo correspondente á páxina principal da Aula Virtual no "DOCUMENTO PARA SUBIR O INFORME DEFINITIVO"

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0