Elaboración do guión

Actividade

Despois da lectura comprensiva dos documentos que buscastes e seleccionastes, xa tedes moita máis información sobre o tema que estades a investigar.

È o momento de completar o diagrama que fixestes na planificación da vosa investigación.  

Para realizar esta actividade deberedes seguir as seguintes instrucións

1º. Collede o diagrama que fixestes na actividade “palabras clave e diagrama do tema” da Unidade Didáctica 1

2º. Seguindo a estrutura Folio Xiratorio escribide as novas informacións que teñades na rama correspondente do diagrama, segundo o contido que trate (pode que teñades que abrir novas ramas, pois durante a investigación puideron aparecer contidos novos sobre o tema, que non coñecíades ao principio)

3º Seguindo a estrutura Lapis ao Centro escollede un título para o voso traballo

4º  Utilizando a estrutura Folio Xiratorio realizar o guión, sinalando o título dos diferentes capítulos, apartados e subapartados, segundo as ramas que incluístes no voso diagrama.  Utilizade un esquema de números.

5º Tanto o Diagrama, como o Guión tedes que subilos á páxina principal da Aula Virtual no "DOCUMENTO BASE PARA CARGAR O DIAGRAMA E O GUIÓN"

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0