Imperialismo EUA (I)

Le con atención este texto que fala dos trazos do imperialismo estadounidense:

"Os EUA non buscan anexións territoriais, aínda que o resultado final poida ser equivalente. A orixinalidade do imperialismo americano consiste precisamente en substituír os procedementos de conquista por unha forma de actuación máis sutil: a diplomacia do dólar. Os EUA tratan de establecer, nos pequenos Estados americanos, a súa influenza financeira. O Tesouro ou a banca conceden empréstitos aos gobernos deses Estados para axudarlles a organizar unha administración, a restablecer unha moeda estable ou a realizar obras públicas que sexan de utilidade (...). Nestas repúblicas, nas que os disturbios internos son case constantes, o pagamento dos intereses da débeda pública e a seguridade dos investimentos non tardan moito en verse comprometidos. Entón o goberno de Washington intervén para protexer os intereses dos prestamistas.

Mais non se detén aí. Aproveita eses disturbios para intervir na política interior das repúblicas, ben sexa mediante a concesión ou negativa dos créditos, pola presión diplomática, ou mesmo polas armas (...). Se os Estados Unidos están satisfeitos co goberno en vigor, protéxeno; se ese goberno non é dócil, abandónano á súa sorte."

RENOUVIN, Pierre: A crise europea e a Primeira Guerra Mundial (1904 - 1918)

Escolle a resposta correcta: