Transformar os nosos patios en igualitarios
Proposta de investigación-acción. Fases
Diversidade de autoras e autores concordan que para o desenvolvemento de cambios no contexto da coeducación o uso da investigación-acción é o máis efectivo.
Esta técnica é tremendamente útil na análise, diagnose e posta en práctica de melloras no ámbito educativo; pero, tristemente, non é levada a cabo todo o habitualmente que se debería, ben por descoñecemento ou pola cantidade de tempo e compromiso que precisa para implementarse.
Ademais, hai que recordar que se trata dunha proposta de carácter cíclico (Tomé et al., 2021) que en moitos casos requirirá da volta ao punto de partida para seguir avanzando:

Se falamos concretamente dos patios, as autoras Saldaña, Amat, Goula e Cardona (2018) fan referencia á Investigación Acción Participativa, na que se fai imprescindible a participación de todas as persoas implicadas, partindo do profesorado como axente do cambio. No seguinte interactivo pódense observar as diferentes consideracións que estas autoras fan sobre a aplicación da Investigación Acción Participativa nos patios:
Algunhas das dimensións ou parámetros a ter en conta nas nosas investigacións que aconsellan diversos escritos poden ser:
- Distribución sexista do patio.
- Xerarquía dos xogos.
- Actitudes de cada grupo.
- Diversidade, flexibilidade e relación dos espazos do patio.
- Confort dos espazos, dimensión fundamental para Saldaña et al. (2018).
- Representatividade.
- Xestión.