A colaboración docente. Análise e reflexión sobre datos reais
Requisitos do completado
Co-docencia. Innovar rompendo o individualismo.
A Educación para o século XXI persegue xa outras metas que exceden a mera acumulación de saberes. A sociedade actual, en constante transformación, demanda un perfil competencial do alumnado e, xa que logo, un perfil competencial docente, como comentabamos no apartado As competencias profesionais docentes.
Reiteramos a necesaria cultura de colaboración nos centros poñendo o acento, como comentabamos, no fomento do compañeirismo como un instrumento útil que nos permita valorar e integrar prácticas innovadoras dende o espazo-aula. A OCDE
(2020) evidenciou baixas puntuacións na colaboración conxunta entre docentes e semella que diminúe segundo avanzamos cara a etapas superiores. Fernández Enguita (2020) na Revista Participación Educativa, Vol.7, nº 10 (15-29) fala de “soidade do docente ante a aula” sinalando que “ensinar é menos colaborativo que aprender e debe deixar de selo”. Defende
a co-docencia como práctica entre iguais, sen subordinación, co mesmo estatus aínda que competencias e capacidades diferentes. Aquí podes visualizar unha entrevista onde o propio autor responde ós interrogantes da co-docencia. Indisociable da necesaria diversificación dos espazos de aprendizaxe, rompendo co que denomina aula huevera,
Fernández Enguita (2019), aula tradicional, predeseñada e adecuada á transmisión do coñecemento (compartimentado en asignaturas)
por un/ha docente en soidade. Introduce o concepto hiperaula, ligada a unha idea de deseño flexible de entornos, experiencias
e traxectorias de aprendizaxe (Proxecto "Aula do futuro") interconectando disciplinas, flexibilizando e reorganizando tempos. O docente xa non está soa/só, é parte dun equipo. A co-docencia, docencia compartida ou ensino colaborativo xa non se entende como o apoio especialista á docencia ordinaria senón como unha colaboración sistemática e regular entre iguais que
vai ter efectos positivos en moitos aspectos que Fernández Enguita, (2020) sinala como as doce virtudes da codocencia. Descúbreas no seguinte interactivo:
Recurso creado por Elisa Moreira e Rosa María González a partir de contido extraído de:
Fernández Enguita, M. (2020). Del aislamiento en la escuela a la codocencia en el aula. Enseñar es menos colaborativo que aprender o trabajar y debe dejar de serlo. Revista Participación educativa. Vol 7, nº 10 (15-29) Consejo Escolar del Estado.