Introdución

Neste apartado achegarémonos a diversas estratexias de intervención e propostas que poidan axudar a reverter a fenda de xénero no ámbito STEM/STEAM na súa aplicación. Neste caso, centrarémonos principalmente en aquelas pertences ao ámbito educativo, aínda que como podedes imaxinar, deben darse nos catro contextos dos que falabamos anteriormente: factores socioculturais, familiares, educativos e do ámbito informal.

Ámbitos de influencia na fenda de xénero

Ademais, seguindo o espírito motivador que pretende ter esta Guía, achegarémonos a diferentes experiencias e recursos, non pretendendo que estes sexan receitas de aplicación inmediata, senón que poidan servir de inspiración e exemplo de que un cambio real é posible.

Vostede completou o 50% da lección
50%