Algunhas referencias para a reflexión

Marina Subirats (1943) é, dende hai décadas, autora de referencia na loita pola coeducación e a igualdade de xénero:

"Unha educación igualitaria ten que valorar por igual as achegas dos homes e as das mulleres, e tenas que transmitir a todos os membros das novas xeracións, sexan nenos ou nenas. E esta é a transformación que hoxe temos que levar a cabo na educación, mediante a coeducación, para que tanto os nenos como as nenas sexan máis libres e para que se lles facilite o acceso á felicidade e ao desenvolvemento de todas as súas potencialidades e facultades”. Subirats, M. (2017).

Chimamanda Ngozie Adichie (1977), escritora e activista nixeriana polos dereitos das mulleres:

 “A persoa máis cualificada para ser líder xa non é a persoa máis forte físicamente. É a máis intelixente, a que ten máis coñecementos, a máis creativa, a máis innovadora. E para estes atributos non hai hormonas. Unha muller pode ser intelixente, innovadora e creativa coma un home. Evolucionamos. Porén, as nosa ideas sobre estereotipos de xénero non evolucionan moito”. Ngozie Adichie, Ch. (2017).

BIBLIOGRAFÍA:

  • AAVV, (2020): Ser feministas. Pensamiento y acción. Ed. Alicia H. Puleo.
  • Bonal, Xavier (1997): Las actitudes del profesorado ante la coeducación. Propuestas de intervención. Ed. Graó.
  • Jablonka, I. (2020): Hombres Justos. Del patriarcado a las nuevas masculinidades. Ed. Anagrama.
  • López-Navajas, A. (2021): Aprender con referentes femeninos. Un legado  cultural para la igualdad. Ed. Biblioteca Innovación Educativa.
  • Ngozie Adichie, Ch. (2017): Todos teriamos que ser feministas. Ed. Sushibooks.
  • Subirats, Marina. (2017): Coeducación, apuesta por la libertad. Ed. Octaedro.

Vostede completou o 100% da lección
100%