Estratexias e escalas de apropiación de espazos
2.- Arquitectura do centro
A primeira escala de aproximación á creación de entornas educativas sería a do propio centro. Pode parecer, inicialmente, unha escala que se escape do noso control como docentes e estar en mans da administración e de profesionais da arquitectura. E, pese a que é verdade que xogan un papel fundamental nesta estratexia, toda a comunidade educativa pode e debe participar na creación física do centro.
Trátase dunha escala na que non só falamos de acción e construción, senón tamén de análise, detección de necesidades e propostas participativas.
Polo tanto, nesta escala abordaremos a filosofía de arquitectura pedagóxica pola que aposta a administración, veremos como levar a cabo un proceso participativo para o deseño de contornas de aprendizaxe e aproximarémonos a algúns programas que levan a cabo este tipo de iniciativas.