Competencia global. Concepto e marco previo
Requisitos do completado
¿Que é a competencia global?
Como toda competencia, trátase dunha combinación de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que, neste caso, se aplican para afrontar con éxito experiencias relativas a problemas globais. Polo tanto, trátase dunha competencia multidimensional e que requirirá dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida (lifelong learning).
Desenvolver esta competencia permitirá afrontar as catro dimensións que a conforman (OECD, 2018):
- Capacidade para analizar problemas de importancia local, global e intercultural.
- Capacidade para comprender e apreciar perspectivas e visións do mundo diferentes.
- Capacidade para establecer interaccións positivas con persoas de diferentes contextos nacionais, étnicos, relixiosos, sociais ou culturais, ou de distinto xénero.
- Capacidade e disposición para adoptar medidas cara o desenvolvemento sostible e o benestar colectivo.
Polo tanto, o desenvolvemento da competencia global parece imprescindible para poder vivir en harmonía no mundo actual, cada vez máis interconectado, e para poder apreciar e poñer en valor as diferencias culturais.