Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

AS FERRAMENTAS

As ferramentas son unha parte importante da nosa horta, precisámolas para facer determinados traballos.

As persoas que se adican profesionalmente á agricultura teñen unha gran variedade de ferramentas, que inclúen algunhas motorizadas.

Nós imos usar so ferramentas manuais, quizais só para remover a terra por primeira vez imos usar un "motocultor".

Aquí tes unha lista dalgunhas das que serán fundamentais para o noso traballo:

Para marcar os bancais antes de facelos:

- Cordel e estacas para facer os bancais.

Para mover a terra:

- Pala.
- Rastrelo.
- Sacho pequeno.

Para regar:

- Regadeira.

Para transportar:

- Carreta.

As ferramentas teñen un custo económico polo que temos que telas en conta cando fagamos a previsión de gastos. Ademais temos que coidar delas para que duren moito en boas condicións.

Coas ferramentas finaliza o noso percorrido polas labores agrícolas. Agora tes que pasar ó seguinte tema ¿QUE IMOS PLANTAR?
Vostede completou o 50% da lección
50%