O CLIMA
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
O CLIMA E AS ESTACIÓNS
Agora que xa sabe tanto sobre como o clima afecta as plantas quizais queiras saber por que hai distintos climas e por que hai estacións.
Todo depende dos movementos do noso planeta e da súa relación con respecto ó sol. De novo estamos falando dos ciclos da natureza.
Os seguintes vídeos poden axudarte a comprender esta relación entre os movementos do planeta terra e o clima.
¿Algunha vez pensaches que pasaría se a terra deixara de xirar e se parara o ciclo día-noite?
¡Incrible! ¿Non? O movemento de rotación da terra é moi importante para a vida.
Agora podes ver de novo este vídeo que mostra como o movemento de translación ó redor do sol da lugar ás estacións das que estivemos falando.
Presta atención á importancia de que o eixo de rotación da terra estea inclinado.
¡Se non fora así non habería estacións!
Por último este vídeo te mostra os paralelos e meridianos do globo terráqueo. A medida que nos movemos nos paralelos as variacións climáticas son moi grandes. Pensa se non na diferencia tan grande que hai entre o clima que hai na zona do ecuador e o que hai nos polos. ¿Sabes cal é o motivo?
Nos teus libros de texto tes unhas boas explicacións para comprender estos fenómenos tan importantes para a nosa vida.