O SOLO
Requisitos de finalización
Ha obtenido 0 punto(s) sobre 0 hasta ahora.
O COMPOST
Estamos chegando a un momento moi importante para a nosa horta.
¡Por fin imos pasar á práctica!

¡a preparación do compost!
¿Sabes que é o compost? ¿Ouviches falar algunha vez del?
Moitas persoas chámanlle o "ouro negro" polo seu gran valor para a agricultura e para o planeta.

O compost é un xeito ecolóxico de devolver á terra o que sacamos dela. En vez de tirar todos os residuos orgánicos ó balde do lixo o que facemos é seleccionar aqueles adecuados para facer iso que se chama compost.
O compost é un xeito de converter o lixo en ouro!
¿COMO PODE SER?
Cando facemos compost estamos imitando á natureza, concretamente todo o proceso de descomposición que tería lugar no solo dun bosque.
¿Lembras cando falábamos do aparato dixestivo das plantas?
Pois o compost é facer as primeiras fases de trituración e descomposición.
O compost é un fertilizante excelente, ten as características do humus.
¿QUEN FAI O TRABALLO?
En realidade este traballo o fan os organismos descompoñedores.
Nós so temos que poñer os ingredientes na proporción adecuada, coidar da humidade e de que non estea demasiado exposto ó sol, e revolvelo de vez en cando.
¡É como unha receita de cociña!
INGREDIENTES
O compost ten catro ingredientes:
1. Verdes (aproximadamente 1/3) 2. Marróns (aproximadamente 2/3) 3. Auga 4. Ar |
VERDES
É materia orgánica procedente de restos vexetais (da cociña, da horta, do xardín...). Tamén se poden incluír cáscaras de ovo.
Estes ingredientes aportan nutrientes (entre eles está un moi importante: o nitróxeno) que van servir de alimento para os microorganismos.
MARRÓNS
Son restos leñosos de plantas. Pode ser palla, serraduras, follas secas... (atención, a herba e as plantas que se secan despois de ser cortadas non son ingredientes "marróns", son ingredientes "verdes"). O papel e o cartón tamén se podería incluír neste grupo.
Tamén se poderían engadir excrementos de animais herbívoros.
Estes ingredientes, ricos en celulosa, aportan carbono.
AUGA
É fundamental que o compost estea húmido para que os microorganismos podan facer o seu traballo (xa vimos isto cando falamos do solo).
É moi importante manter un grado de humidade xusto. Así que se o tempo é seco teremos que regar un pouco e se chove moito teremos que protexer o compost para que non se empape.
AR
Seguro que xa sabes porque o ar é tan importante! Efectivamente, para que respiren os microorganismos.
¿E como se lle pon ar ó montón de compost?
Por unha banda a proporción de ingredientes marróns é importante, porque estes compáctanse menos e permiten a circulación do ar.
Outro xeito importante é revolvendo de vez en cando, para iso pódense usar algunhas ferramentas.
QUE HAI QUE EVITAR
Á hora de facer compost hai que evitar poñer restos animais, lácteos ou aceites. Estos materiais poden fermentar facilmente e producir malos olores.
A TEMPERATURA
A temperatura vai influír na velocidade na que se produce o proceso de compostaxe, porque dela depende a actividade dos microorganismos (igual que acontecía no solo). Por iso é bo poñer o noso compost nun lugar protexido dos ventos.
Ó mesmo tempo ten que estar protexido da luz directa do sol, un lugar á sombra sería ideal.
Agora que comprendes o proceso podes ver este vídeo que te ensina como preparar compost.
Nel utilizan unha composteira de plástico, pero as composteiras poden facerse artesanais de moitos xeitos. O compost tamén pode facerse nun montón.