A HISTORIA NA QUE VIVIMOS
Conditions d'achèvement
Vous avez jusqu'ici reçu 0 sur un maximum de 0 point(s).
EU FAGO O MELLOR QUE PODO
Imos facer unha horta, pero non unha horta calqueira.
¡Imos facer unha horta ecolóxica! 

Nunha horta ecolóxica o traballo do ser humano respecta os ciclos da natureza
e obtén vexetais libres de contaminación química e nas mellores condicións para nutrirnos.
Ó longo dos nosos traballos vas ir comprendendo mellor en que consiste.
Agora, para empezar imos escoitar un conto relatado por Wangari Maathai, unha marabillosa muller de Kenya, que recibiu o Premio Nobel da Paz.
Quizais te preguntes por que empezamos este proxecto de facer e traballar nunha horta con este vídeo sobre un incendio e un colibrí que non se desanima ante a gravidade dos problemas.
Probablemente a historia continúa...