Presentación do tema

Site: Aula virtual do espazoAbalar
Course: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Book: Presentación do tema
Printed by: Usuario convidado
Date: Sunday, 28 December 2025, 9:22 AM

Description

1. Sinto curiosidade

Axudante
Ola Usuario convidado! 

Comezamos unha aventura apaixonante no mundo da ciencia!
Imos descubrir xuntos como funciona o método científico, unha ferramenta moi especial que usan as persoas científicas para responder preguntas e atopar solucións.

Equipo de creación deste curso. Somos científicas e científicos. CC BY-SA

2. Somos científicas e científicos.

Axudante
Seguimos. 

Para iso, exploraremos algo que temos ao noso redor todos os días: as propiedades da materia. Como é? Que pode facer? Por que se comporta como o fai? Todas estas preguntas serán o noso punto de partida!

Prepárate para pensar, experimentar e descubrir como unha persoa científica.

Imos aló!

Equipo de creación deste curso. Somos científicas e científicos. CC BY-SA

3. Canto sei...

Axudante
Agora imos realizar un xogo de preguntas para ver canto sabes sobre a materia e o método científico. Reláxate para xogar, xa que non teremos en conta a puntuación que acades.
Empregaremos a aplicación de Kahoot!
Ánimo e sorte!

Preme na ligazón da imaxe e engade o número da sesión que aparece na pantalla de clase.
Xogando con Kahoot!