Folla de ruta do tema 5
| Site: | Aula virtual do espazoAbalar |
| Cours: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Livre: | Folla de ruta do tema 5 |
| Imprimé par: | Visiteur anonyme |
| Date: | dimanche 28 décembre 2025, 04:34 |
1. Primeiros pasos

Bo día, científicas e científicos!
Comezamos unha aventura apaixonante no mundo da ciencia! Imos descubrir xuntos como funciona o método científico, unha ferramenta moi especial que usan as persoas científicas para responder preguntas e atopar solucións.
Para iso, exploraremos algo que temos ao noso redor todos os días: as propiedades da materia. Como é? Que pode facer? Por que se comporta como o fai? Todas estas preguntas serán o noso punto de partida!
Preparádevos para pensar, experimentar e descubrir!!
Pois imos aló!
2. Informarse e apreder
Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema Somos científicas e científicos co que nos adentraremos no estudo da materia a través do método científico.
Imos comezar esta emocionante viaxe ....
Presentación do tema
ObrigatoriaNa presentación do tema atoparedes imaxes e unha curta cos que descubriremos a importancia do método científico.Pescudamos sobre Somos científicas e científicos
Obrigatoria No libro de contidos "Somos científicas e científicos" pescudaredes sobre a materia e as súas propiedades actuando como profesionais da ciencia.Mapa mental do tema Somos científicas e científicos
Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre a materia e o método científico.
3. Compartir e comunicar
Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:
Foro de consultas
OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Somos científicas e científicos". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar respondendo as preguntas das que saibades a resposta. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre este tema.
Animádevos a participar!
4. Traballar e avaliar
Es unha persoa de acción?
Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:
Tarefas do portfolio
ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Somos científicas e científicos" no apartado de Traballando no portfolio.Tarefas interactivas
ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.-
Proba de avaliación inicial do tema 5
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Proba de avaliación final do tema 5
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Repositorio de materiais para a unidade 5
OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.

























