ANM 6. As danzas
As danzas

Danza das espadas, Redondela, 1967. Ponte... Nas Ondas. Flickr. (CC BY-2.0)
É moi habitual usarmos as palabras 'danza' e 'baile' como sinónimos, pero dun xeito máis específico podemos diferenciar dúas realidades ben diferentes.
Mentres os bailes teñen unha parte de improvisación, as danzas teñen unha coreografía fixa, cuns puntos e posicións marcados, e só se fan nunha data ou festa concreta, por iso tamén lle dicimos danzas rituais.
Consérvanse máis de trinta polo territorio galego, aínda que moitas se perderon. Neste mapa podes observar a maioría delas, case todas na metade sur de Galicia e en puntos da costa:
