Xefatura do Título de Mecánico/a Maior Naval sen restricción
Xefatura do título de Mecánico/a Maior Naval SEN RESTRICCIÓN
Curso para o levantamento total da restrición de xefatura do título de Mecánico Maior Naval expedido polas autoridades de pesca.
|
Atribucións |
O artigo 10 do Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, no seu apartado 2.g), establece que o/a mecánico/a maior naval poderá exercer como xefe/a de máquinas en buques pesqueiros sen límite de potencia, sempre que cumpra os seguintes requisitos:
|
|
|
|
|
Condicións de acceso ó curso |
Para poder realizar esta acción formativa, o/a alumno/a deberá atoparse en disposición de exercer como xefe/a de máquinas en buques de pesca de ata 6.000 kW. No caso de que o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas, achegaranse os días de embarque a efectos de selección. Terán preferencia o alumnado que acredite un período de embarque non inferior a 24 meses como oficial de máquinas, dos cales polo menos 12 meses deberá cumprilos desempeñando funcións de 1º oficial, en buques de potencia propulsora de entre 500 e 3.000 kW. |
|
Duración do curso |
A duración do curso non será inferior a 185 horas lectivas. Do total de horas de
duración do curso ao menos a metade terá carácter práctico. |
|
|
|
|
Asistencia ó curso |
A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria. |
|
Programa e Temporalización |
Prevención da contaminación e xestión de residuos [10 horas]
Planta propulsora e sistemas auxiliares [30 horas]
Sistemas eléctricos e electrónicos [35 horas]
Sistemas de regulación e control automáticos [30 horas]
Xestión operacional do departamento de máquinas [30 horas]
Instalacións frigoríficas e de climatización [30 horas]
Lingua inglesa [20 horas]
|