Mariñeiro/a de Ponte
Mariñeiro/a de Ponte
O certificado de suficiencia de mariñeiro/a de ponte da mariña mercante é un certificado de suficiencia expedido de acordó a Regra II/4 do Convenio STCW e a Sección A-II/4 do Código de Formación, necesario para todo marñeiro que haxa de formar parte dunha garda de navegación en buques mercantes, según ven definido no artigo 2 punto 10 do Real Decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da mariña mercante, de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.
|
Atribucións |
|
|
|
|
|
Condicións para a obtención do Certificado de Suficiencia |
Para a obtención do título profesional de Mariñeiro de ponte da Mariña Mercante serán válidos os períodos de embarco realizados en buques civís de arqueo bruto superior a 10 GT ou TRB. |
|
|
|
|
Convalidación |
Poderán solicitar a convalidación polo certificado de suficiencia de mariñeiro de ponte da mariña mercante, quen achegue a documentación de conformidade coa Orde do 21 de xuño de 2001 e cumpran unha das seguintes condicións: a) Estar en posesión do cartón de competencia de mariñeiro ou mariñeiro-mecánico, ter en vigor o certificado de suficiencia de formación básica en seguridade e realizar un período de embarque de polo menos 6 meses no servizo de ponte nun buque civil. b) Estar en posesión dun certificado emitido por un centro de formación oficial que acredite que o alumno recibiu satisfactoriamente formación de acordo ás Seccións A-II/4 e A-VI/1 do Código de Formación do Convenio STCW. |
|
|
|
|
Duración do curso |
A duración do curso será dun total de 70 horas. Competencias, coñecementos e aptitudes (duración mínima 45 horas) e probas prácticas mínimas para avaliar a competencia (duración mínima de 25 horas). |
|
|
|
|
Programa, Temporalización e Avaliación |
1.- Goberno do buque e cumprir as ordes ao temoneiro en inglés (15 horas) Utilización do compás magnético e do virocompás. Ordes en español e en inglés ao temoneiro. Paso do goberno manual ao piloto automático e viceversa. Prácticas e avaliación de cada alumno (7 horas) Utilización dos compases magnético e virocompás. Exercicios prácticos e avaliación a bordo no mantemento co temón dun rumbo sostido, tanto co compás magnético como coa vgiroscópica e con diferentes réximes de máquina. Exercicios prácticos e avaliación a bordo de cambios de rumbo. Exercicios prácticos e avaliación a bordo da comprensión e acuse de recibo das ordes ao temoneiro segundo as boas prácticas mariñeiras. Exercicios prácticos e avaliación a bordo do cambio de goberno manual a automático e viceversa. 2.- Mantemento dun servizo de vixía adecuado utilizando a vista e o oído (10 horas) Responsabilidades do vixía, incluída a notificación da demora e/ou marcación aproximada de sinais acústicos, luces ou outros obxectos ou avistamentos, en graos ou cuartas. Regulamento Internacional para a prevención de abordaxes. Código Internacional de Sinais. Sinais acústicos, luces e outros obxectos. Prácticas e avaliación de cada alumno (6 horas)
3.- Contribuír á vixilancia e o control dunha garda segura (Duración mínima 10 h)
Prácticas e avaliación de cada alumno (6 horas)
4.- Utilizalo equipo de emerxencia e aplicar procedementos de emerxencia. (Duración mínima 10 h) Coñecemento dos deberes en caso de emerxencia e dos sinais de alarma. Coñecemento dos sinais pirotécnicos de socorro; RLS por satélite e RESAR. Precaucións para evitar falsas alertas de socorro e medidas a tomar no caso de que se activen accidentalmente. Prácticas e avaliación de cada alumno (6 horas)
|
|
|
|
|
Normativa |
|