
Iniciación á práctica da creación teatral destinada a sintetizar todos os aspectos da formación. Implica o coñecemento e a experimentación da complexidade do proceso global da creación, incluíndo a experiencia da representación, as aprendizaxes de linguaxes, procedementos e saberes adquiridos, para transmitir ao/á espectador/a as sensacións, emocións, e o sentido da creación escénica.
Obxectivos
- Desenvolver procesos de investigación, experimentación e creación aplicados á plástica da escena, favorecendo a autonomía artística e técnica do alumnado.
- Explorar as posibilidades expresivas do espazo, a luz, o corpo, os obxectos e o vestiario como elementos interrelacionados da creación escénica.
- Desenvolver estratexias e metodoloxías de investigación e experimentación que permitan formular, probar e analizar propostas de creación para conseguir unha aprendizaxe significativa da plástica escénica.
- Experimentar con diferentes linguaxes, ferramentas, materiais, recursos e procedementos técnicos e tecnolóxicos aplicados á investigación e á creación escénica.
- Desenvolver a capacidade para relacionar os diferentes elementos da plástica escénica, explorando as interaccións que se producen entre eles e as posibilidades de construción de significados.
- Potenciar a observación, a análise e a reflexión crítica sobre os procesos de investigación e experimentación, así como a documentación e comunicación dos resultados obtidos.
- Adquirir unha base conceptual, práctica, técnica e tecnolóxica que favoreza a autonomía do alumnado nos procesos de creación e lle permita afrontar eficazmente proxectos escénicos de maior complexidade no cuarto curso da carreira.
- Course creator: Alejandra Montemayor Suarez
- Course creator: David Mortol Moreno