
Esta disciplina contén os elementos para poder levar a cabo un deseño de produción escénico que conteña a parte de deseño artístico e a de deseño de produción dun espectáculo independentemente do seu carácter: teatro convencional, danza, circo, performativo… En definitiva esta materia proporciona as ferramentas para poder conseguir os medios económicos, materiais e artísticos para sacar os proxectos adiante.
Tomando como base as axudas á produción escénica da Agadic, o alumnado aprenderá todos os elementos de construción dun proxecto de para a presentación do proxecto ata a súa formalización práctica.
Os contidos do noso traballo radican nos seguintes puntos que constitúen o esquema das axudas á producción da Agadic[1]:
1-Presentación do proxectos: necesidades e recursos.
2-Memoria artística do proxecto.
3-Elaboración plan financieiro do proxecto escénico.
A docencia terá a seguinte estrutura:
1-Análise das axudas á produción da Agadic ano 2019. (Deseño de proxectos escénicos I)
2-Translación do anterior ao deseño do proxecto escénico seleccionado polo alumnado ou grupo.
A importancia desta optativa radica na visión real que se lle quere aportar ao alumnado para favorecer a adquisición de ferramentas de acceso ao mercado laboral específicas das artes escénicas. Somos coñecedores de que, unha vez fora da escola, o mercado laboral esixe a constante realización de todo tipo de dosier para conseguir axudas á produción ou distribución e, polo tanto, esta disciplina aporta ao alumnado as ferramentas para confrontarse a esa complicada tarefa
- Course creator: Xavier Castiñeira Blanco