Práctica da escrita de textos dramáticos para a escenificación teatral na cal se integran os procedementos e os coñecementos adquiridos, nomeadamente na dramaturxia. Experimentación da complexidade do proceso poético-produtivo coa práctica de estilos e paradigmas textuais alleos. Coñecemento e experimentación dos métodos de traballo. Valoración e crítica dos resultados e da metodoloxía de traballo para a produción de sentido e para a construción da recepción.