Coñecemento das diferentes escolas e dos sistemas na dirección de intérpretes
(actores/actrices e bailaríns/bailarinas) que forman parte dun proxecto espectacular.
Aplicación das técnicas dos sistemas de interpretación na dirección de actores/actrices
nos medios audiovisuais. Análise e concepción da situación e do personaxe. Interacción
do/da actor/actriz no espazo e no tempo co resto de linguaxes escénicas.