No centro de educación de adultos, EPAPU Río Lérez, podes cursar o bacharelato na modalidade semipresencial, o título que obterías é o memos título de bacharelato que nun centro ordinario, podes presentarte logo as PAU se queres acceder a universidade ou ben acceder aun ciclo superior.
Podes matricularte no intinerario de Humanidades e Ciencias Sociais ou ben en Ciencias e Tecnoloxías.
A modalidade semipresencial consiste en que tes unha hora de cada materia tan só unha vez a semana, e logo, cada 15 días terías unha hora de Orientación (chamada titorias orientativas TO). En cada curso, 1º e 2º, terías que matricularte de 5 materias comúns, unha materia obrigatoria de modalidade, duas materias de opción de modalidade e unha materia optativa. Total 9 materias en cada curso.

