ROSANNA MARZÁN: " VOCES QUE DEFENDEN". PODCAST NO EPAPU RÍO LÉREZ
O pasado 5 de decembro, organizado por Amnistía Internacional Galicia, presentouse na Biblioteca da EPAPU Río Lérez o primeiro episodio do podcast: “ Voces que defenden”, producido, realizado e editado polo alumnado e profesorado do curso 3º da ESPA.
Ao acto asistiron membros da comunidade educativa e as asociacións defensoras dos dereitos humanos da cidade de Pontevedra.
Nel contamos coa participación de Rosanna Marzán, avogada defensora de dereitos humanos, a educadora social da República Dominicana que adicou a súa carreira a promover os dereitos da comunidade LGBTI no seu país.O seu enfoque Interseccional e inclusivo foi fundamental para a loita pola igualdade e visibilidade de comunidades vulnerábeis.
En recoñecemento por este traballo, Marzán recibiu en 2019 o Premio Front Line Defenders para Personas Defensoras de los Derechos Humanos en Riesgo.
Agradecemos a tod@s o voso esforzo e participación neste proxecto.
